Anotacións etiquetadas: ‘Xosé Miranda’

Arranca o Club de lectura (Felices Aventuras 2008-09)

luns, decembro 8th, 2008

tom-sawyer“Ler é viaxar por un mesmo”, dicía Juan Gelman. E, se cada libro é unha nova viaxe que iniciamos en solitario, por  que non viaxar en boa compaña e compartir as nosas experiencias?. Complementar o acto íntimo e solitario da lectura e convertelo en actividade de grupo, trocando a palabra escrita en voz e participar en grupo dos sentimentos e sensacións que esperta en nós a lectura, é a premisa básica do noso club de lectura. Tras resolver os típicos atrancos que se plantexan cada curso para calquera iniciativa coma a de poñer en marcha o Club de lectura da nosa Biblioteca, o noso Club arranca en busca de novas lecturas, novas aventuras. Temos pensado que este curso non todos leremos o mesmo senón que 1º e 2º da ESO comezarán a súa particular andaina, a súa primeira aventura con Tom Sawyer; 3º e 4º da ESO La isla del tesoro de Robert Louis Stevenson e 1º e 2º de BAC con Morning Star de Xosé Miranda.

Tom Sawyer é a historia dun rapaz aventureiro; atravesado e tamén moi astuto, que soñaba con ser un pirata. É unha historia común pero narrada dunha forma diferente, o autor trata de manter a atención, lógrao  porque busca que o lector non só se entreteña senón que ademais disfrute, para o que presenta imaxes dos feitos narrados na historia a modo de tira cómica pero tamén  os cambios emocionais que pode sufrir un rapaz. O autor culmina a súa obra logrando a incertidumbre de todos os lectores ao non saber que sucedeu cos personaxes, todo queda á  imaxinación de cada quen. O lector é capaz de crear unha serie de interpretacións do que nun futuro poida realizar Tom Sawyer na compaña do seu amigo Finn.
tom-sawyer3

La isla del tesoro é o paradigma dunha novela de aventuras. Stevenson uneu aos piratas para sempre con mapas, goletas negras, islas tropicais,ey mariñeiros con unha sola perna con loros sobre os seus hombros. O mapa do tesouro con unha X que marca a posición do tesouro enterrado é uno dos apoios piratas máis familiares.
tom-sawyer4
O termo “La Isla del Tesoro” pasou á lingua como unha frase común, e a miudo úsase coma un título para xogos, paseos, sitios, etc.tom-sawyer2
Stevenson considérase deudor de Daniel Defoe , Edgar Allan Poe ” O escaravello de ouro”, e Washington Irving.
A historia comeza presentándonos a Jim Hawkins, un adolescente que xunta a seus pais traballa na pousada do Almirante Benbow. Un día aparece un mariñeiro chamado Billy Bones cun vello cofre. A taberna recibe a visita dun mariñeiro cego a mesma noite que o pai de Jim morre. Este ameaza a Bones decíndolle que máis tarde atacarano para recuperar o cofre. Jim e súa mai fuxen co contido do cofre e ven desde fóra como os piratas destrozan o Almirante Benbow. A partires de aquí son moitas as aventuras que han correr para facerse cun tesouso que os han levar á famosa illa.

xose-miranda

Xosé Miranda é un escritor lucense nado en 1955 que rinde homenaxe á literatura de aventuras, á Illa do

tesouro na súa novela Mornig Star, coma fai tamén na  Infancia recuperada o filósofo   Fernando Savater. Na actualidade é profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo. Gañou moitos premios, entre os que se encontra o Premio Xerais en 1998 por esta novela que imos ler.