Felices Pesadelos
O blog do Club de lectura da Biblioteca do IES Moncho Valcarce
Feb
24
sabías que…?
bibliotecamoncho

cartel_11.jpg

O basilisco, animal mitolóxico que se dicía tiña cornos de serpe, patas de galo e cola en forma de lanza é en realidade un lagarto de tronco longo e delgado. Vive ás beiras dos pequenos ríos, onde retozan durante o día e durmen pola noitesobre os arbustos que tenden as súas polas sobre a auga.

Información facilitada por Diego Bellas e Daniel Pico (3º ESO)

As xirafas poden limpar as súas orellas coa lingua.

Millóns de árbores son plantados accidentalmente por esquíos que enterran as súas noces e non lembran onde as esconderon.

Información facilitada por Diego Bellas e Daniel Pico (3º ESO)

Se poñemos un globo inflado cheo de auga sobre unha candea, a auga dentro do globo disipa a calor tan rapidamente que podemos chegar a ferver a auga antes de que o globo explote.

No século XIV a peste negra acabou coa vida de 75 MILLÓNS de persoas. As pulgas da rata negra foron as portadoras da enfermidade.

Información facilitada por Rubén Vivero Tembrás (4º ESO)

Científicos en Nova Zelandia descubriron vacas cun xene que as fai capaces de producir leite descremado. Segundo os expertos, o achado podería revolucionar a industria de produtos lácteos. Ademais podería solucionar o problema do excedente de graxa láctea que existe en moitas partes do mundo.Os expertos subliñan, non obstante, que aínda que este leite pode chegar a ser máis san, non se sabe se terá un bo sabor.

Información facilitada por Ledicia Sardiña Bellas (4º ESO)

Os delfíns dormen coa metade do cerebro esperto. Os delfíns enfróntanse a un dilema cada día: “Quedar espertos para seguir respirando ou morrer mentres dormen. Para eles, a respiración é un acto voluntario. Por esa razón desenvolveron un mecanismo de adaptación ao océano que lle permite que se durma só a metade do seu cerebro, para seguir vivindo mentres descansan.

Información facilitada por Tania Castro Arias (4º ESO)

Unha compañía americana creou gatos hipoalerxénicos; é dicir, felinos xeneticamente modificados para non provocar estornudos nas persoas alérxicas. Estes gatiños teñen un prezo no mercado próximo aos 4000 dólares.

Información facilitada por Mikael Fernández Ares (4º ESO).