Felices Pesadelos
O blog do Club de lectura da Biblioteca do IES Moncho Valcarce
Feb
19

 

IES MONCHO VALCARCE (AS PONTES)

“Hai dous tipos de neno-lector: ou ben o que le para a  escola, porque ler é o seu exercicio, o seu deber, o seu traballo, pouco importa se é agradable ou non; ou ben o neno que le para si mesmo, por gusto, para satisfacer a súa necesidade persoal de información –qué son as estrelas, como funcionan as billas- ou para alimentar a imaxinación, é dicir, para “xogar a” sentirse orfo nun bosque, pirata e aventureiro, indio bravo ou cowboy explorador ou xefe dunha banda; para xogar coas palabras, para navegar no mar das palabras segundo a súa propia inspiración”.

Gianni Rodari

1- Nome do club

Felices Pesadelos 

2-Introducción 

Este proxecto xorde coa intención de crear lectores que respondan ao segundo dos tipos dos que falaba Rodari: lectores que len por gusto e por si mesmos, e non por un deber á marxe das súas persoais inclinacións e intereses. 

    Desde a biblioteca queremos conseguir este obxectivo e para acadalo comezaremos por potenciar o uso da biblioteca como espazo de lectura imprescindible e como lugar ao que eles mesmos sintan a necesidade de acudir.  

    Por outra parte, aínda que a maioría teñen un aceptable coñecemento das TIC’s e acceden a Internet sen problemas, tanto no instituto como nas súas casas, non sempre o empregan como fonte de obtención de información nin reparan na importancia de buscar páxinas web fiables.      Para iso, cómpre que haxa un interese pola lectura. A nosa labor será a de inculcar ese interese para que, pouco a pouco, sexan eles e elas os que desenrolen a curiosidade polos libros e parécenos que unha boa forma de empezar é a de traballar cunha temática de por si moi atraínte: o terror

3-Finalidades

a) xerais

-        Potenciar o uso da biblioteca como imprescindible para  adquirir o hábito da lectura.

-        Fomentar o gusto pola lectura como fonte de entretemento e pracer e como expresión de coñecemento e cultura.

-        Empregar internet como un instrumento máis para o proceso de “aprender a aprender”.

-        Facilitar a comunicación entre iguais e a oportunidade de compartir gustos, inquedanzas, e tamén opinións sobre as súas lecturas.

-        Promover o intercambio de fondos documentais entre bibliotecas escolares e municipais da vila e de fora desta.

-        Achegar @s alumn@s á linguaxe cinematográfica para que coñezan  a súa estreita relación coa literatura.

-        Espertar n@s alumn@s a necesidade de elaborar creacións propias. 

b) específicos

-        Coñecer e aprender a utilizar de forma hábil e precisa os diferentes espazos para a lectura que existen na biblioteca.

-        Atraer @s alumn@s  cara o pracer da lectura partindo do xénero de literatura de terror.

-        Coñecer as características deste xénero narrativo, así como os principais autores e as obras más importantes e/ou coñecidas.

-        Empregar  os recursos TIC’s do centro para a obtención de información relacionada coa literatura de terror e para mostrar as súas creacións persoais.

-        Formar @s alumn@s  no coñecemento da linguaxe cinematográfica, das súas características e recursos. Implicar  @s alumn@s no proceso de aprendizaxe  para que por si mesmos descubran a estreita relación entre os recursos empregados na literatura de terror e no cine da mesma temática para lograr o medo.

-        Desenrolar n@s alumn@s habilidades creadoras que lles permitan crear textos propios cun estilo persoal partindo da temática proposta: o xénero do terror e os microrelatos. 

  4-Actividades  

  -    Actividade inicial:  A finais do mes de outubro xa se solicitou da Fundación Germán Sánchez-Ruipérez (Salamanca) libros de terror para nenos entre 12 e 17 anos. Os libros (43) chegan o día 6 de novembro. Tras revisar o estado dos libros prepárase a exposición.  Logo cada titor acudirá a vela cos seus titorandos guiados por algún membro do Club de lectura da biblioteca. Os rapaces ollarán os libros e lerán as contraportadas e opinarán sobre os que lles parecen máis interesantes,tanto  polo seu contido como polas súas ilustracións.

-         Lectura de contos e novelas propostos por un responsable do Club que teñan como temática a literatura de terror (tanto de corte clásico como xuvenil).  A partir dese conto informarase acerca das características do xénero e acerca de libros de terror axeitados ao seu nivel.

 -        Elaboración de textos propios que manteñan as características do conto de terror lendo como modelos obras de consagrados autores como o microrrelato de Atxaga “El criado del rico mercader” comparándoo coa lectura doutro relato seu “Dayoub, el criado del rico mercader”, no que a partir do primeiro reelabora a historia dándolle outro final.

-        Busca en Internet de contos de terror e información sobre os autores (recomendaranse páxinas de bibliotecas dixitais como www.ciudadseva.com e es.wikisourse.org  e a enciclopedia es.wikipedia.org ).

-        Crear un blog a partir das indicacións da páxina www.blogger.com no que poidan expresar as súas opinións sobre os libros,  recomendar  lecturas, colgar as súas propias creacións, etc.

-        Visualización de películas baseadas nalgunha novela de terror coa finalidade de comparalas como a película coma Frankenstein (estupenda para o tema trasversal da intolerancia) baseada na novela de Mary W. Shelley; antes proporcionaríamos aos alumn@s información básica sobre a linguaxe cinematográfica (tipos de planos, p.ex.) a través dos titores ou con carteis expostos na biblioteca.  

-     Organización dun certame literario.

-        Guiarase  ao grupo na biblioteca para que busquen información e libros cos que traballar como bibliotecarios.

-        Dirixirase tamén ao grupo para que en por eles poidan sacar adiante un blog.

-        Potenciarase o emprego do procesador de textos para creacións orixinais que poidan presentar ao certame ou como exercicios.

-        Procurarase dar publicidade ao proxecto con actividades nas que poidan participar e implicarse todos os membros do centro: certame literario, exposicións na biblioteca, carteis feitos pol@s alumn@s, etc.

-        Avaliación  do traballo desenvolvido cada trimestre e dos resultados obtidos. 

5-Composición e número de participantes aproximado. Implicación doutro profesorado do centro 

O profesorado involucrado neste proxecto coincide co que durante todo este curso dinamizará a biblioteca.Os seus nomes son:

-Mónica Gómez Penas

-Monserrat Otero Rivera

-Manuel Domínguez Ferro

-Mª Jesús Galego Pacheco

-Catarina Pita Evia

-Ángeles García García

Aparte deles, outros profesores quixeron participar tamén desta iniciativa como Jesús Fernando Vázquez López, Mª Luz Núñez Gómez, Mª José Díaz, Emilo Duque,  Mª Sol Doval e Pilar Ramudo. O grupo de alumnos que participan é tan numeroso que decidimos facer pequenos grupos dentro do gran grupo. Así organizámolos pola súa idade. En total máis de sesenta alumnos, trece profesores, unha deles coordinadora, Encarnación Domínguez Ramil.  

6-Forma de organización e funcionamento

Na hora semanal  de reunión que temos o grupo de profesores que dinamizamos a biblioteca tomaremos decisións para a organización da biblioteca como viñamos facendo; pero a partir de agora teremos que sumar ao resto as actividades do Club e por tanto debemos facer o reparto de tempo que imos dedicar cada un a este novo aspecto. Tamén adicaremos esta hora do xoves a facer unha posta en común e  a avaliar o traballo realizado por cada un de nós.

Como os luns algúns rapaces non van a mediodía á súa casa e quedan ao servizo de comedor hai xa para eles a posibilidade de permanecer na biblioteca trala comida. Algúns destes rapaces mostran interese pola lectura e mesmo algúns colaborarán co Club. Dado que a profesora responsable é tamén membro do grupo, intentará implicar a un maior número de rapaces nas nosas actividades.Todo o grupo repartiremos os recreos para as actividades lectoras e cando cheguen datas sinaladas de actividades complementarias ( festa de Nadal, Entroido, Semana das Letras Galegas,…) nas que imos participar, distribuiremos o traballo entre todos de maneira igualitaria.

As sesións destinadas á proxección de películas realizarémolas pola tarde, sendo responsable nese tempo a coordinadora, agás cando organicemos “A Semana do Terror a través do cine”, que se proxectará nas horas de titoría.

Os intercambios de fondos documentais entre bibliotecas do ámbito local ou comarcal faranse a través de petición escrita por parte dalgún dos membros e o transporte, no eido local, solicitarémolo do Concello se o volume é importante ou realizarémolo nos nosos coches. Tamén, no eido comarcal, aproveitaremos o feito de que algúns compañeiros vivan fora para solicitarlles a súa colaboración no transporte cando este  sexa accesible. Toda a comunidade educativa colaborará en maior ou menor medida nesta actividade.

7-Horario e calendario previsto para as reunións de carácter presencial

O tempo que consideramos axeitado para a celebración das reunións será o recreo, nas horas que restan despois da comida do luns ata o comezo da xornada de  tarde e  aquelas horas nas que, de acordo cos titores, puideramos levar a cabo actividades das organizadas polo club lector: películas, lectura de microrrelatos a partir de obras como o de Jean-Claude Carrière El círculo de los mentirosos, ou a Antología de cuentos e historias mínimas, en edición de Miguel Díez; e poemas (www.elrincondelhaiku.org), elaboración e divulgación de creacións propias, visitas ao blog e páxinas web  interesantes como www.ciudadseva.comwww.sol-e.com,… 

8- Medios previstos para a súa difusión entre a comunidade escolar

-        Participación dos titores en horas de titoría en exposicións, sendo os propios membros do club(se os houbera) os que ensinen aos compañeiros o máis interesante para eles; sesións de pescuda documental para os pequenos bibliotecarios ou incluso participando como membros do xurado de calquera certame literario no que o club organice, ou selección de participantes nos certames organizados por outras entidades externas. Daranse a coñecer os premiados a través dos titores.

-        O noso representante na Comisión de Coordinación Pedagóxica expoñerá aos xefes de departamento a marcha das  actividades, dará a coñecer unha memoria de consecución de obxectivos propostos. Dende o principio pedirá unha participación activa por parte de todos, tratando de transmitir que o éxito deses obxectivos depende de todos.

-        Suxerir, nos claustros, a visita ao blog que os membros do Club de lectura da biblioteca elaboren.

-        Os pais e o persoal non docente serán invitados a participar en todos aqueles proxectos onde teñan cabida. Así solicitarase deles que nos lean algo nos recreos cando a actividade teña que ver coa  escoita dunha lectura dun microrrelato, por exemplo; ser membros dos xurados formados no caso de certames literarios; colocación de exemplares nas exposicións que se desenvolvan dentro e fora da biblioteca ( salón de actos, hall, etc) e que teñan que ver coa dinámica do grupo,etc.

-        Abrir a toda a comunidade educativa a posibilidade de continuar neste proxecto en cursos vindeiros e as implementacións para a súa mellora.