Fendetestas:Club de lectura (curso 2009-2010)

FENDETESTAS

bosqueanimado_peque2-Introducción
Este proxecto xorde coa intención de crear lectores que len por gusto e por si mesmos, e non por un deber á marxe das súas persoais inclinacións e intereses.
Para iso, cómpre que haxa un interese pola lectura. A nosa labor será a de inculcalo para que, pouco a pouco, sexan eles e elas os que desenrolen a curiosidade polos libros e parécenos que unha boa forma de empezar é a de traballar cunha temática que supón un reto para todos nós: Relato curto de autores galegos.
3-Finalidades
- Potenciar o uso da biblioteca como imprescindible para adquirir o hábito da lectura. Coñecer e aprender a utilizar de forma hábil e precisa os diferentes espazos para a lectura que existen na biblioteca.
- Fomentar o gusto pola lectura como fonte de entretemento e pracer e como expresión de coñecemento e cultura. Atraer @s alumn@s cara o pracer da lectura partindo da literatura galega en toda a súa extensión (en galego e castelán)
- Coñecer os principais autores, presentar textos alternativos aos recomendados polo departamento de galego e castelán. Pretendemos evitar o hiperenxebrismo e a literatura urbanita cargada de verbas malsoantes en boca de personaxes marxinais.
- Empregar os recursos TIC’s do centro para a obtención de información relacionada con esta literatura e para mostrar as súas creacións persoais desenrolando n@s alumn@s habilidades que lles permitan elaborar eses textos propios cun estilo persoal tamén espertándolles a necesidade de crear . Empregar internet como un instrumento máis para o proceso de “aprender a aprender”. Os comentarios no noso blog serán o instrumento.
- Facilitar a comunicación entre iguais e a oportunidade de compartir gustos, inquedanzas, e tamén opinións sobre as súas lecturas.
- Promover o intercambio de fondos documentais entre bibliotecas escolares e municipais da vila e de fóra desta.
- Achegar @s alumn@s á linguaxe cinematográfica para que coñezan a súa estreita relación coa literatura.
4-Actividades
- Creación dos grupos, reparto de horarios, entrega de libretas ( Hora de ler).
- Lectura de relato curto ou prosa poética ou poesía propostos polos responsables do Club que teñan como temática a literatura galega (tanto de corte clásico como xuvenil).
- Elaboración de textos propios que manteñan as características desta literatura alternativa.
- Busca en Internet de literatura galega actual e revisión de clásicos e información sobre os autores (recomendaranse páxinas de bibliotecas dixitais como www.culturagalega.orges.wikisourse.org e a enciclopedia es.wikipedia.org ).
- Manter o noso blog En obras no que poidan expresar as súas opinións sobre os libros, recomendar lecturas, colgar as súas propias creacións, como ata agora.
- Visualización de películas baseadas nalgunha relato, Fole, Wenceslao F. Flórez coa finalidade de comparalas; antes proporcionaremos aos alumn@s información básica sobre a linguaxe cinematográfica (tipos de planos, recursos) a través dos titores ou con carteis expostos na biblioteca.
- Solicitaremos libros desta temática á Biblioteca Municipal e a a outras bibliotecas do PLAMBE como Betanzos (IES As Mariñas) e outras para unha exposición conxunta.
- Cesta viaxeira: Continuaremos a sacar os libros a calquera rincón do centro. Sentados no chan, eles pasan e ven; nós lemos para que se deteñan a escoitar ou soliciten un libro.Todos os membros do club participarán desta actividade, se é que así o desexan, de maneira voluntaria.
- Recuncho da poesía: Convocamos a ler poesía na biblioteca. Iniciamos aos alumnos o curso pasado e este regalámoslles libretas onde colocamos un poema co que os invitaremos a continualo, valoralo, decoralo…
- Avaliación do traballo desenvolvido e dos resultados obtidos, mediante as opinións verquidas no blog, nas reunións mensuais, nas que, nun recreo, abrirase a biblioteca só para alumnos do club, para que poidan opinar en gran grupo sobre os relatos lidos. Rexistros nas libretas que lles regalamos ao comezo do club.

5-Composición e número de participantes aproximado. Implicación doutro profesorado do centro
O profesorado implicado neste proxecto coincide co destes últimos cursos. En total unha ducia de profesores interesados no fomento da lectura e a colaboración inestimábel da profesora de plástica Alicia Puchades, a de música Rosario Ureña e o Equipo de Normalización Lingüística.
Como novidade este curso incluímos a participación de alumnos de 2ºBAC que lerán con grupos de alumnos de 1º e 2º de ESO. Cremos que o modelo de alumno maior lendo ao pequeno pode reportar importantes beneficios nos hábitos lectores.
En total somos unhas 40 persoas que nos xuntamos porque nos une un mesmo interese: o amor pola lectura.
6-Formas de organización e funcionamento
Na hora semanal de reunión que temos o grupo de profesores que dinamizamos a biblioteca tomamos decisións para a organización da biblioteca como viñamos facendo e tamén as actividades do Club. Tamén nesta hora semanal faremos unha posta en común e avaliaremos o traballo realizado por cada un de nós, facendo un seguimento puntual do traballo doutros membros do Club.
Como os luns algúns rapaces non van a mediodía á súa casa e quedan ao servizo de comedor hai xa para eles a posibilidade de permanecer na biblioteca trala comida. Algúns destes rapaces mostran interese pola lectura e mesmo algúns participan no Club. Dado que a profesora responsable é tamén membro do grupo faremos extensiva a actividade a este momento do día.
Todo o grupo repartiremos os recreos para as actividades lectoras e cando cheguen datas sinaladas de actividades complementarias ( festa de Nadal, Semana das Letras Galegas, Día do libro,…) nas que imos participar, distribuiremos o traballo entre todos de maneira paritaria.
Aquelas horas nas que, de acordo cos titores, puideramos levar a cabo actividades das organizadas polo club lector como festividades, elaboración e divulgación de creacións propias, visitas ao blog e páxinas web interesantes.
As sesións destinadas á proxección de películas realizarémolas na biblioteca ou no salón de actos, dependendo do número de alumnos participantes.
Os intercambios de fondos documentais entre bibliotecas faranse a través de petición escrita, tendo en conta Libros a eito  http://librosaeito.blogspot.com/ onde todos aportamos o noso graíño de area.
7-Horario e calendario previsto para as reunións de carácter presencial
O tempo que consideramos axeitado para a celebración das reunións será o recreo e nas horas que restan despois da comida do luns ata o comezo da xornada de tarde.
Dúas horas pola tarde unha vez ao mes para o Club de lectura de adultos.
8- Medios previstos para a súa difusión entre a comunidade escolar
- Como xa o puxemos en marcha, temos os carteis colocados por todo o centro, nos lugares estratéxicos, invitándoos a participar.
- Enviamos cartas aos titores e ás familias facéndolles saber desta actividade.
- O noso representante na CCP comunicou aos xefes de departamento a marcha das actividades. Dende o principio pedirá unha participación activa por parte de todos, tratando de transmitir que o éxito deses obxectivos depende de todos.
- O blog que o Club de lectura da biblioteca xa ten(En obras http://bibliotecamoncho.blogaliza.org/)difunde toda a información precisa sobre convocatoria, prazos de presentación, horarios, grupos, etc.
- O persoal non docente está convidado e sempre tivo moi boa acollida entre eles.
- A televisión e radio local comunican á nosa vila a nova da que temos informado dende o comezo. Outros anos O Progreso de Lugo deu a coñecer esta experiencia tamén aos seus lectores.