Anxos Sumai estivo no Club de adultos
Pasaba das sete da tarde e chegou, aterida de frío, á As Pontes.
Nós estabamos a agardar por ela, non a coñeciamos máis que de fotos e dubidabamos de ser quen de reconocela. Foi fácil. Era a muller que esperabamos.
Entorno a un café mantivemos a primeira conversa. Ela amosábase moi xenerosa e nós non pretendiamos ser menos. Houbo química. Os mortais sentímonos menos cando as persoas que admiramos ollan para nós e fálannos como a iguais. Grazas Anxos.
O grupo foise formando paseniñamente. Todos adultos, uns máis que outros, pero todos temos as nosas obrigas e unha vez ao mes concedémonos o agasallo de intercambiar opinións con outros sobre literatura compartida.
Sentámonos ao redor dunha mesa onde todos nos sentimos cómodos, ela tivo boa culpa diso.
Presentámola, non como a unha deusa do Olimpo literario senón coma un ser humano que aceptou de camiño vir ata aquí, ata a nosa casa, ata o fin do mundo para moitos, apesar dos atrancos, para nos falar da escrita, da súa e sobre todo de Así nacen as baleas.
Desgranou o proceso de creación, os sentimentos que a moveron, mellor a impeliron a escribir este fermoso relato. Falounos de mulleres, de reivindicacións, de falsos plantexamentos familiares que a todos nos condicionan.Con tenrura, con agarimo, con ilusión, coma unha nena.
Nós oímola e logo atrevímonos a facerlle algunhas preguntas, algunhas reflexións, incluso algunhas queixas pola desaparición dos seus blogs que tanto tiñan axudado a algunha do grupo. O arrecendo daquel prato servido no blog, di Montse, que chegou ata As Pontes, que moitos foron os que gustaron del e que agora falta ese alimento diario que ela nos proporcionaba a todos.
A reunión acabou entorno as dez, dunha noite morna,grazas a presenza desta muller no noso Club.


Para rematar, pedímoslle a Anxos que nos fixera unha recomendación para próximas lecturas e regalounos a esta autora Ken Bugul e o seu libro sobre a poligamia Riwan o el camino de arena, que leremos alá para o mes de xaneiro do vindeiro ano.
Ata sempre e grazas.
Tags: Anxos Sumai, Así nacen as baleas.

