A primeira lectura deste ano 2008 vai ser “O gato branco de Drumgunniol”, de J. Sheridan Le Fanu. É un conto incluído na antoloxía “El Fantasma de la Señora Crowl” que nós mesmos traducimos ao galego e adaptamos para cinguirnos ao tempo que temos de lectura.
Pensamos que é unha obra irrepetible de lectura obrigatoria para crear afeccionados ao conto de medo. Como en calquera dos máis antigos introduce unha historia típica do folklore irlandés gañando en autenticidade pero perdendo en profundidade literaria. Está ambientado nun entorno coñecido polo lector, os seus personaxes son elexidos entre xentes normais e correntes e a lóxica e a congruencia internas fano plenamente verosimil.
Escollemos este relato por outras moitas razóns como que Le Fanu demostra unha portentosa imaxinación, unha habilidade para suxerir máis que mostrar e un final non de todo tranquilizador.
Le Fanu é un autor moi importante no xénero do terror no século XIX e así o recoñeceron escritores da envergadura de H.P Lovercraft e M.R. James.
Non me pareceu un conto de medo. É moi predicible xa desde o principio. Non me causou nin sequera inquietude. Prescindible
É unha historia moi predecible, cando a comezas a ler xa case che revela o final, tampouco ten esa tensión que debería ter unha historia de terror. Pensamos que non é un relato bon.
bueno foi unha lectura un pouco aburrida porque xa se sabia o que ía pasar dende o principio e que se diga non daba moito medo jeje. Era unha lectura máis ben para nenos máis pequenos que ao mellor a eles si que lles daba medo, jeje
Na época en que foron escritos, os contos de Le Fanu causaban auténtica inquietude, lidos á luz das velas ou da lumbre, nun mundo onde un morto que quere vingarse de quen lle fixo mal é completamente críble. Non podemos perder de vista que os textos teñen que ser interpretados no contexto no que foron escritos. Os contos de Le Fanu non son prescindibles, el é un dos mellores contistas do século XIX. Isto pode ser difícil de entender hoxe en día, onde os estímulos visuais, a claridade da luz eléctrica e o alonxamento do sobrenatural fan que cada vez teñamos menos medos ao descoñecido (cada vez é menos o que descoñecemos), pero creo que Le Fanu é un bo escritor, O gato branco é unha pequena xoia do xénero e invítovos a que o sigades lendo,…ser perder de vista o contexto.
Non me gustou porque era moi previsible xa o que ía pasar. Tantas páxinas para ó final saber o que xa me imaxinaba. Hai historias que dan máis medo, desde logo.
Paréceme que é predicible, xa que cando aparece o gato xa se dá por suposto que vai morrer alguén, e ó final acaba ocorrendo.
Estou de acordo co comentario de yolo, xa que se ve dende o comezo como pode rematar a historia.Non me gustou tampouco como se vai desenvolvendo a historia.
Gustoume moito pero daba un pouco de medo.
É un relato moi interesante,pero non parecía de medo,porque algunhas situacións eran moi previsibles.
Nós estamos acostumadas a outro tipo de relatos de terror.
¡¡¡¡¡¡¡¡¡Estuvo muy bien!!!!!!!!!
Dio miedo y tuve pesadillas.
A mi no me dio tanto miedo como decía la gente pero está muy bien
!el libro que leimos nos decian que daba mucho miedo pero no es así . De todas maneras estuvo bien
este libro dixéronnos que daba moito medo pero a min…………………..
ainda así estaba ben
Este libro non deu tanto medo como decían pero estivo bastante ben.Non parece real.
O libro estivo bastante ben aunque non deu medo.
bueno, me dijeron que el libro daba miedo pero a mi no me dio
o escritor cando comeza a historia xa di como acabará o libro.Só con ler unhas poucas páxinas deste libro xa sabes o final.