EL BOSQUE ANIMADO, W.Fernández Flórez

xaneiro 26th, 2010

Este mes estamos leyendo en el Club de Lectura el capítulo III de El Bosque animado, “El Alma en pena de Fiz Cotovelo“:

Xan de Malvís es un ladrón de caminos que tiene un sueño: robar en la casa de algun cura. Mientras tanto se conforma con asustar a sus vecinos labriegos y vagabundear por el bosque, hasta que una noche se encuentra con un fantasma, … Sí, un auténtico fantasma, un alma en pena que vaga solitario por la Fraga de Cecebre. Los dos se hacen amigos. Fiz Cotovelo le cuenta al bandolero que murió sin ver cumplido su sueño: viajar a América.

Para saber más:

Vida y obra de Wenceslao Fernández Flórez.

Guía de lectura

Adaptación cinematográfica de José Luis Cuerda

NORABOA A TOD@S

xaneiro 26th, 2010

O noso Clube de Lecturas “Fendetestas”, dedicado aos contos de autores galegos (que escriben tanto en galego como en castelán) acaba de verse recompensado cunha axuda económica de 1000 euros trala resolución da convocatoria de axudas para os Clubs de Lecturas 2009-2010.

¡Noraboa a tod@s!

La mancha humana

novembro 7th, 2009

lamancha1La mancha humana de Philip Roth ocupa toda a reunión do Club de lectura de adultos o día 19 deste mes que andamos. Digo que ocupa porque ademais de intercambiar opinións sobre a novela deste autor americano, como é costume, veremos a película do mesmo título, dirixida por Robert Benton. No papel de Coleman Silk, o protagonista, Anthony Hopkins acompañado pola australiana Nicole Kidman no papel de Faunia Farely. Ademais Ed Harris como Lester Farely e Gary Sinise como Nathan Zuckerman.
Non sei que atoparemos nesta cinta pois Roth, aínda que escribe con un estilo moi cinematográfico, non é dado a facer versións  en cine das súas novelas. Descoñezo a razón que o levou a cedela como guión para esta película.
Pero o que si sei é que está ambientada en 1998, cando Estados Unidos estaba inmerso no escándalo Clinton-Lewinsky, o que vai xustificar a posterior reelección de Bush. Tamén sei que esta obra é un canto a ese vello principio américano do individualismo, a hipocresia no tema das relacións sexuais, os prexuizos da raza, de soslaio da relixión e a outras tantos aspectos propios da idiosincrasia americana.lamanchahumana1

Veremos que opinan os demais.

Anxos Sumai estivo no Club de adultos

outubro 16th, 2009

Pasaba das sete da tarde e chegou, aterida de frío, á As Pontes.
Nós estabamos a agardar por ela, non a coñeciamos máis que de fotos e dubidabamos de ser quen de reconocela. Foi fácil. Era a muller que esperabamos.
Entorno a un café mantivemos a primeira conversa. Ela amosábase moi xenerosa e nós non pretendiamos ser menos. Houbo química. Os mortais sentímonos menos cando as persoas que admiramos ollan para nós e fálannos como a iguais. Grazas Anxos.
O grupo foise formando paseniñamente. Todos adultos, uns máis que outros, pero todos temos as nosas obrigas e unha vez ao mes concedémonos o agasallo de intercambiar opinións con outros sobre literatura compartida.
Sentámonos ao redor dunha mesa onde todos nos sentimos cómodos, ela tivo boa culpa diso.
Presentámola, non como a unha deusa do Olimpo literario senón coma un ser humano que aceptou de camiño vir ata aquí, ata a nosa casa, ata o fin do mundo para moitos, apesar dos atrancos, para nos falar da escrita, da súa e sobre todo de Así nacen as baleas.
Desgranou o proceso de creación, os sentimentos que a moveron, mellor a impeliron a escribir este fermoso relato. Falounos de mulleres, de reivindicacións, de falsos plantexamentos familiares que a todos nos condicionan.Con tenrura, con agarimo, con ilusión, coma unha nena.
Nós oímola e logo atrevímonos a facerlle algunhas preguntas, algunhas reflexións, incluso algunhas queixas pola desaparición dos seus blogs que tanto tiñan axudado a algunha do grupo. O arrecendo daquel prato servido no blog, di Montse, que chegou ata As Pontes, que moitos foron os que gustaron del e que agora falta ese alimento diario que ela nos proporcionaba a todos.
A reunión acabou entorno as dez, dunha noite morna,grazas a presenza desta muller no noso Club.Imaxe036Imaxe035Imaxe034Anxos

Para rematar, pedímoslle a Anxos que nos fixera unha recomendación para próximas lecturas e regalounos a esta autora Ken Bugul e o seu libro sobre a poligamia Riwan o el camino de arena, que leremos alá para o mes de xaneiro do vindeiro ano.

Ata sempre e grazas.

Comezamos a nosa andaina

outubro 14th, 2009

sumai_anxosVolvemos con enerxías renovadas despois do descanso estival. Aínda que xa hai máis dun mes, ata agora non fumos quen de poñernos a escribir pois outras tarefas máis urxentes agardaban por nós.
Hoxe queremos falar de Anxos Sumai porque vai estar mañá día 15 connosco no Club de lectura de adultos.
Na última xuntanza, case rematado o mes de xuño, comentamos os relatos  de  Si me necesitas, llámame de Raymod Carver e tamén vimos a película Vidas cruzadas de Robert Altman, quen quedou tan abraiado co universo de Carver, que se puxo en marcha rapidamente para entrelazar os relatos que máis lle tiñan gustado e darlles forma de obra cinematográfica.
Nesa última reunión acordamos que as próximas lecturas habían ser La mancha humana de Philip Roth e Así nacen as baleas , II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF e Premio Arcebispo San Clemente (2008) de Anxos Sumai.
Preferimos comezar por esta última e púxenme en contacto coa escritora. Certamente unha muller encantadora! De camiño aceptou a nosa invitación e mañá témola entre nós. Xa vos contarei.Prometo subir fotos da xuntanza e relatarvos o máis fidedignamente o que alí aconteza, aínda que eu preferiría que asistirades e o disfrutarades en directo.
Anxos é unha muller da cultura dende hai moitos anos. Guionista de banda deseñada e curtametraxes, documentalista e tradutora, colaborou en distintas publicacións nos anos oitenta e noventa.
Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección “Hemisferio Oeste” (2003-2004).
Entre os traballos de tradución destacan os Diarios de Syra Alonso e de Mariví Villaverde Tres tempos e a esperanza
Obtivo o Premio Novos Valores da Narrativa Galega en 1985 e o segundo Premio no XI Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, en 1986. En 2004 foi Premio da Crítica de Galicia. En 2007 gañou o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo seu espazo de opinión “Somos perigosamente normais”, emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega durante o 2006. Nese mesmo ano foi considerada pola Asociación de Editores en Lingua Galega como a mellor autora do ano. Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.
Outras obras desta escritora de Catoira son Anxos da garda(2003), Melodía de días usados (2005) ou Perigosamente normais (2007).
A autora ten estas webs onde te podes atopar máis polo miudo con ela, as súas reflexións, os seus pensamentos: Anxos da Garda, Fin de semana e Crítica da memoria pura.

Tamén é interesante para conocela mellor esta dirección: Anxos e Diaños título da columna que durante os fins de semana do 2001 e 2002 animou o portal culturagalega.org. Roberto Ribao e Anxos Sumai debateron, en paralelo, sobre os grandes e os pequenos temas. A cotidianeidade, unha ollada fresca, intelixente e irónica sobre o noso presente, hoxe recollidos nun libro electrónico que podes descargar aquí.

O Club de lectura de alumnos,curso 2008-09

maio 23rd, 2009

imagen-071Con este cartel, que colgamos na Biblioteca e polos lugares comúns do centro, demos a coñecer o día, o recreo, o profesor e os alumnos que cada quen do club de lectura necesitaba coñecer.

Este ano centramos as nosas lecturas, como lestes máis abaixo, no xénero da aventura.

Teremos que rectificar para o curso vindeiro o tipo de lecturas xa que nese tempo adicado a ler no tempo de lecer non hai lugar para a novela senón para o relato curto, a poesía, etc, como xa fixeramos o curso pasado.

Agora estamos a punto de rematalo e xa estamos a preparar o do curso que ven.

Fumos seleccionados

abril 22nd, 2009

logo_edublogs_finalista250

Acabámonos de enterar, efectivamente estamos seleccionados no III Premio Espiral Edublogs 09. Os nosos bolgs: Felices Lecturas, Felices Pesadelos e Felices Aventuras (os dous últimos son do club de lectura e actualmente están En obras) resultaron finalistas.
Este premio pret
ende como alí se di:

  • Valorar la importancia y repercusión de los blogs en la educación, como herramienta didáctica para el desarrollo de contenidos curriculares y motivación de los alumnos.
  • Reconocer el trabajo de muchos profesores y profesoras en la red demostrando su utilidad pedagógica.
  • Servir de escaparate motivador de una corriente educativa dentro de la blogosfera, que ayuda a la generalización del uso de las TIC en el aula.
  • Favorecer cauces de opinión y debate sobre la necesidad de avanzar en el uso de los blogs en el entorno educativo.

O mellor premio é estar seleccionado pero si chegamos á final teremos que estar en Madrid o día 6 de Xuño aínda que o resultado conocerémolo antes, alá polo 4 de Maio.

Parabéns a todos os que fan posible este blog, os que creron nel desde un principo.

2º Certame literario

febreiro 2nd, 2009

pirata2

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, a biblioteca do lES Moncho Valcarce vai celebrar o 2° Certame literario de relato breve que ten as seguintes bases:

1. A convocatoria vai dirixida a todo o alumnado do IES Moncho Valcarce. Cada alumn@ poderá participar cun só conto.

2. As obras que se presenten a este certame de relato breve poderán estar escritas tanto en lingua galega como en lingua castelá.

3.- 0 tema deste ano será o relato de aventuras.

4. As narracións terán una extensión máxima de oito folios DNA 4, escritos a ordenador ou a máquina a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12.

5. Establécense dous premios para cada ciclo:
- Primer ciclo (1° e 2° de ESO):
• 1° premio: cheque regalo por valor de 50 euros e lote de libros.
• 2° premio: cheque regalo por valor de 30 euros e lote de libros
- Segundo ciclo (3°, 4° de ESO e PCPI):
• 1° premio: cheque regalo por valor de 50 euros e lote de libros.
• 2° premio: cheque regalo por valor de 30 euros e lote de libros
Bacharelato (1° e 2°):
• 1° premio: cheque regalo por valor de 50 euros e lote de libros.
• 2° premio: cheque regalo por valor de 30 euros e lote de libros

6. As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou seudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e o curso.

7. Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O prazo de admisión finaliza o día 26 de marzo de 2009.

8. 0 xurado estará composto por membros (profesor@s e alumn@s) do Club de lectura “Felices aventuras”.

9. 0 acto de entrega dos premios terá lugar o día 23 de abril na biblioteca durante o segundo recreo.

10. As obras presentadas poderán ser expostas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma. Tamén se contempla a posibilidade de seren publicadas nun libro.

11. A participación no Certame implica a total aceptación destas bases.

Dereitos dos lectores

xaneiro 18th, 2009

nenos-na-escola-1
1-Dereito a non ler

2-Dereito a saltara as páxinas

3-Dereito a non rematar un libro

4-Dereito a reler un libro

5-Dereito a ler calquera cousa

6-Dereito ao bovarismo

7-Dereito a ler en calquera sitio

8-Dereito de ler “ao rebusco”

9-Dereito a ler en voz alta

10-Dereito a calar

Daniel Pennac: Como unha novela

Arranca o Club de lectura (Felices Aventuras 2008-09)

decembro 8th, 2008

tom-sawyer“Ler é viaxar por un mesmo”, dicía Juan Gelman. E, se cada libro é unha nova viaxe que iniciamos en solitario, por  que non viaxar en boa compaña e compartir as nosas experiencias?. Complementar o acto íntimo e solitario da lectura e convertelo en actividade de grupo, trocando a palabra escrita en voz e participar en grupo dos sentimentos e sensacións que esperta en nós a lectura, é a premisa básica do noso club de lectura. Tras resolver os típicos atrancos que se plantexan cada curso para calquera iniciativa coma a de poñer en marcha o Club de lectura da nosa Biblioteca, o noso Club arranca en busca de novas lecturas, novas aventuras. Temos pensado que este curso non todos leremos o mesmo senón que 1º e 2º da ESO comezarán a súa particular andaina, a súa primeira aventura con Tom Sawyer; 3º e 4º da ESO La isla del tesoro de Robert Louis Stevenson e 1º e 2º de BAC con Morning Star de Xosé Miranda.

Tom Sawyer é a historia dun rapaz aventureiro; atravesado e tamén moi astuto, que soñaba con ser un pirata. É unha historia común pero narrada dunha forma diferente, o autor trata de manter a atención, lógrao  porque busca que o lector non só se entreteña senón que ademais disfrute, para o que presenta imaxes dos feitos narrados na historia a modo de tira cómica pero tamén  os cambios emocionais que pode sufrir un rapaz. O autor culmina a súa obra logrando a incertidumbre de todos os lectores ao non saber que sucedeu cos personaxes, todo queda á  imaxinación de cada quen. O lector é capaz de crear unha serie de interpretacións do que nun futuro poida realizar Tom Sawyer na compaña do seu amigo Finn.
tom-sawyer3

La isla del tesoro é o paradigma dunha novela de aventuras. Stevenson uneu aos piratas para sempre con mapas, goletas negras, islas tropicais,ey mariñeiros con unha sola perna con loros sobre os seus hombros. O mapa do tesouro con unha X que marca a posición do tesouro enterrado é uno dos apoios piratas máis familiares.
tom-sawyer4
O termo “La Isla del Tesoro” pasou á lingua como unha frase común, e a miudo úsase coma un título para xogos, paseos, sitios, etc.tom-sawyer2
Stevenson considérase deudor de Daniel Defoe , Edgar Allan Poe ” O escaravello de ouro”, e Washington Irving.
A historia comeza presentándonos a Jim Hawkins, un adolescente que xunta a seus pais traballa na pousada do Almirante Benbow. Un día aparece un mariñeiro chamado Billy Bones cun vello cofre. A taberna recibe a visita dun mariñeiro cego a mesma noite que o pai de Jim morre. Este ameaza a Bones decíndolle que máis tarde atacarano para recuperar o cofre. Jim e súa mai fuxen co contido do cofre e ven desde fóra como os piratas destrozan o Almirante Benbow. A partires de aquí son moitas as aventuras que han correr para facerse cun tesouso que os han levar á famosa illa.

xose-miranda

Xosé Miranda é un escritor lucense nado en 1955 que rinde homenaxe á literatura de aventuras, á Illa do

tesouro na súa novela Mornig Star, coma fai tamén na  Infancia recuperada o filósofo   Fernando Savater. Na actualidade é profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo. Gañou moitos premios, entre os que se encontra o Premio Xerais en 1998 por esta novela que imos ler.